Xa é oficial!!! A banda tudense MICALIP'S, actuará na clausura das II Galimpiadas, para poñer o broche final a unha fin de semana deportiva.
Con trece anos á espalda, a banda composta por Miguel (voz e guitarra) e Felipe (percusión e coros), sempre acompañada por Carlos (técnico de son), que non deixa de medrar actuación tras actuación, animará ó público asistente cos covers de rock, pop, reggae... máis coñecidos no panorama musical nacional e internacional. Contan tamén con temas propios que gañan coros e aplausos por parte dos espectadores.
Unha fin de semana chea de deporte, compañerismo, gastronomía, música... Qué máis se pode esperar da Galicia profunda?
Grazas ó Chiringo Choróns por tinguir de música esta velada
(Foto: MICALIP'S)
Ningún comentario:
Publicar un comentario