Hoxe é o día que todos tiñamos marcado no calendario, no cal darían comezo as segundas Galimpiadas.
Como informamos hai uns días, tras a ampliación das medidas sanitarias na Comunidade Autónoma, tivemos que aprazar o evento.
Seguimos traballando para poder fixar unha data no calendario para que se desenvolva, con toda a normalidade posible, o campionato galímpico.
Todo estaba listo, e agora atopámonos cos trofeos e as medallas esperando a data para que alguén poida levantalos e portalas.
Queremos dar tambien grazas aos nosos colaboradores, que entenden e apoian a decisión da Organización e continúan ao noso lado, como o Concello de Tui, o Gastrobar "A Regueira", a tapería "O Albergue", "Mis vinos a tu gusto", Mahou, GADIS, e como non, a nosa sedes: Bar A Capela, Chiringo Os Choróns e a Comunidade de Montes de Caldelas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario