Chegou o momento de facer pública a data na cal terán lugar as Galimpiadas tras o aprazamento pandémico.
Agora que comezamos a ver a luz ( sanitariamente falando) e que nos espazos exteriores xa podemos ver rostros e sorrisos, acordamos cal será a data de celebración de tan esperado evento.
Nada máis dar paso ao comezo do verán, onde o clima acompaña e os días son máis longos, a competición terá lugar os días 24 e 25 de Xuño en Caldelas de Tui, Villa Galímpica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario