Bañada polo río Miño e seu afluente, o río Caselas, Caldelas está chea de historia. Unha forma de dar a coñecer o patrimonio da parroquia e a beleza dos seus paraxes, a Asociación Patrimonial Acueducto de Caldelas organiza este sábado, 28 de maio, esta andaina patrimonial, que xa foi adiada pala mala meteoloxía.
Cun percorrido circular con saída e chegada na ribeira de Caldelas as 10 da mañá, e acompañados por Cristian Lago (guía e interprete do patrimonio), rematarase cun petisco.
A inscripción é de balde e podedes anotarvos ata o día 27 de maio no teléfono 630 822 281
Ningún comentario:
Publicar un comentario