V Galimpiadas

 V GALIMPIADAS 

Lugar e data: 

1. O 5, 6 e 7 de Xuño. 

2. Celebraranse en Caldelas de Miño, na Capela, no Chiringo e na ribeira ( e no local da comunidade de Montes se chove). 

3. Prégase puntualidade por parte dos/das participantes. 


Normas xerais: 

1. Inscribiranse un máximo de 18 equipos. Non existe límite de participantes por equipo, sendo 6 o mínimo. Os participantes teñen que ser maiores de idade. 

2. O prezo da inscripción será de 60 euros para equipos de 6 a 10 participantes, 80 euros para equipos de 11 a 15 persoas, 100 euros para equipos de 16 a 20 persoas e así sucesivamente. 

3. Non están permitidos os insultos ou agresións á organización ou a outros participantes, isto pode castigarse coa expulsión da persoa e se procedese do equipo enteiro. 

4. E obrigatorio participar en tódalas probas. Aquel equipo que non se presente a unha proba sen unha xustificación válida será sancionado con 5 puntos na clasificación xeral. 

5. Os participantes de cada proba deben ser puntuais e estar atentos para cando se lles chame. No caso de que se chame a un participante e non apareza concederase automáticamente a vitoria ó equipo rival.

6. Cada equipo deberá traer a súa equipación ( mesmas camisolas). 

7. Os deportes das Galimpiadas serán: Billar, dardos, esquís de terra, tiro da corda, carreira de sacos por relevos, ran, pulso, futbolín, tute e a proba sorpresa. 

8. Gañará o equipo que mais puntos acade no conxunto das probas. No caso dun empate compartides.

9. Teñen dereito a levar unha estrela no peito Mastíns e Jubilados. 

10. Teñen dereito a levar dúas estrelas no peito Arrebentatinallas. 


Premios:

Campión de Galiza: Trofeo + Lote de churrasco + xamón. 

Casecampión de Galiza: Trofeo + Lote de churrasco + paleta. 

Apiquescasecampión de Galiza: Trofeo + Lote de churraco + longaniza. 


Trofeo GMA: Trofeo 

O trofeo GMA (gich@ mais aplomad@) entregarase por decisión da organización a aquela persoa que mais represente os valores galímpicos. 

Premio da xente: Copa + Lote de churrasco *Entregarase un punto por cada bebida que se pida no bar da comisión. *O tempo no que se desputa o premio é dende o desfile inaugural ata o sábado as 20.00 horas 

Premio Festeiro: Trofeo + outro xamón. Por decisión da organización daráselle o premio ó equipo que demostre un maior depliegue de disfraz, medios musicais ou mecánicos así como unha actitude mais trouleira. 


Programa:

XOVES 5 

18:00 horas: adestramentos libres. 

20:00 horas: sorteo das eliminatorias ( é recomendable que algún membro de cada equipo se achegue a ver). 

VENRES 6 

18:00 horas: Desfile inaugural das Galimpiadas. Os equipos seguirán á charanga e á Llama Galímpica dende o bar da Comichón, pasando polo bar ´´A Capela``, polo chiringo ´´Os Choróns`` e rematando de novo no bar da Comichón. 

20:00 horas: Ran no Chiringo, tute na Capela e futbolín na ribeira. 

22:00 horas: Dj Gabri. 

SÁBADO 7 

 12:00 horas: Billar no chiringo, dardos na Capela e a proba sorpresa na ribeira. 

 14:00 horas: Xantar. Teremos bocadillos e pulpeiro. 

 16:00 horas: Corda, sacos, esquís de terra e pulso na ribeira. 

 21:00 horas: Entrega de premios. 22:00 horas: Concerto.


 MOITA SORTE XENTE NOVA

Ningún comentario:

Publicar un comentario